"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

9/12/12

A verdadeira historia do Club Bildelberg

Prólogo


Todo o que estea interesado en saber máis sobre os poderes fácticos que gobernan o mundo e inflúen na vida de todos os seus habitantes quedará impresionado con este libro de Daniel Estulin.
Daniel e eu colaboramos durante anos perseguindo a Bilderberg, a organización secreta internacional integrada por líderes políticos, financeiros e corporacións multinacionais. 
En moito do que escribín sobre Bilderberg durante os últimos anos usei información obtida por Danny. Sen a súa axuda, American Free Press non podería saber onde se celebraría a reunión do Club Bilderberg en 2005. 
O traballo de Daniel é máis académico que o meu. Cita os feitos en toda a súa crueza e acredita as súas fontes en notas. Eu improviso co que sei directamente de fontes procedentes de Bilderberg e confíome ao xuízo da Historia que, ata agora, foi amable comigo. aprendín moito sobre Bilderberg lendo partes do manuscrito de Daniel antes da súa publicación. Se, logo de perseguir ao Club Bilderberg por toda Europa e Norteamérica 
durante trinta anos, o libro de Daniel aínda ten cousas que ensinarme, pode vostede apostar a que todo o mundo aprenderá cousas nel e, ademais, atopará esa aprendizaxe fascinante. 
Este libro produciralle reaccións que irán da fascinación ao ultraxe. E en canto vire vostede esta páxina, comezará unha emocionante viaxe polos intestinos do Goberno Mundial na sombra. 

JIM TUCKER

Podes descargar o libro neste enlace.

Tráiler da película - documental