"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

30/12/12

Cambio de paradigmas na educación

"Si a educación paréceche cara, proba coa ignorancia" 
Albert Einstein

Un día visitando un cole vin a unha nena de seis anos concentradísima debuxando.

Pregunteille: "Que debuxas?".

E contestoume: "A cara de Deus".

¡. ..! "Ninguén sabe como é", observei.

"Mellor - dixo ela sen deixar de debuxar-,agora saberano".




Recomendo o visionado do vídeo da conferencia de Ken Robinson, As escolas matan a creatividade. Trátase dun interesante resumo sobre a urxente necesidade de reformular a percepción de intelixencia, creatividade, imaxinación, educación....Picasso dicía "todos os nenos nacen artistas, o difícil é que o sigan sendo cando medren"...

Interesante, tamén, a entrevista feita por Eduard Punset a Ken Robinson no seu programa Redes: O sistema educativo é anacrónico.