"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

23/12/12

Comprar, tirar, comprar

Baterías que morren aos 18 meses de ser estreadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, bombillas que se funden ás mil horas... Por que, pese aos avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos? "Comprar, tirar, comprar", un documental que nos revela o segredo: obsolescencia programada, o motor da economía moderna. Rodado en España, Francia, Alemania, Estados Unidos e Ghana, fai un percorrido pola historia dunha práctica empresarial que consiste na redución deliberada da vida dun produto para incrementar o seu consumo porque, como xa publicaba en 1928 unha influente revista de publicidade norteamericana, "un artigo que non se desgasta é unha traxedia para os negocios".



Vía  ATTAC.TV