"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

11/12/12

El desengaño de internet - Evgeny Morozov

Cando en xuño de 2009 estalou a revolta en Irán, os medios de comunicación occidentais apresuráronse a bautizar aquelas protestas como a primeira revolución Twitter, e numerosos analistas e políticos viron en semellante - e aparente - demostración palpable do poder axitador das redes sociais un reforzo para o seu ciberutopismo.

Con todo, e a pesar do moito que se fala de internet como ferramenta de democratización, réximes autoritarios como os de Irán e China seguen sen dar mostras de inestabilidade. De feito, segundo revela neste libro Evgeny Morozov, están utilizando internet para perfeccionar as súas técnicas de espionaxe sobre a poboación.

A xuízo de Morozov, o que os ciberutopistas esquecen é que as inmensas posibilidades de internet poden utilizarse para facer campaña a favor das liberdades, si, pero tamén para todo o contrario, é dicir, para fomentar a represión, o conformismo e a cegueira.

E non só a través da censura: Morozov, el mesmo un ciberutopista converso, defende que internet, máis que o catalizador dun cambio que levará aos mozos á rúa, podería moi ben ser o novo opio das masas. Á fin e ao cabo, «as procuras máis populares nos buscadores de internet rusos non son que é a democracia? ou como protexer os dereitos humanos?, senón que é o amor? e como perder peso?.» Armado de probas concluíntes, Morozov pon de manifesto neste libro que teremos que deixar de pensar que internet e os medios sociais son liberadores per se, e que iniciativas ambiciosas e en aparencia nobres como a promoción da «liberdade en internet» poden ter desastrosas implicacións para o futuro da democracia no seu conxunto.

Vía PlanetadeLibros.com