"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

10/12/12

Informe sobre España

No seu libro Informe sobre España o catedrático Santiago Muñoz Machado explica que España sofre unha crise constitucional de enorme fondura, agravada por unha característica singular da súa historia. Ningunha das súas constitucións foi moi duradeira e sempre se preferiu empezar de cero antes que optar pola reforma dos textos en vigor. Aínda así, os obstáculos políticos non poden ocultar o feito de que agora os cambios son necesarios. O libro, do que se ofrece un extracto do seu primeiro capítulo, foi publicado pola Editorial Crítica.