"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

19/12/12

Redes de indignación y esperanza - Manuel Castells

Redes de indignación y esperanza. Los movimientos sociales en la era de Internet é un estudo elaborado polo sociólogo Manuel Castells á calor das recentes mobilizacións sociais das indignadas en España, Occupy Wall Street en Estados Unidos de América e as revoltas no mundo árabe.

Este libro, publicado orixinalmente en inglés baixo o título Networks of Outrage and Hope (novembro 2012) con dedicatoria ao sociólogo francés Alain Touraine, constitúe unha referencia para comprender as novas formas de protesta social no mundo mediadas por redes de comunicación autónomas en Internet.

Ocorreu cando ninguén o esperaba. Nun mundo presa da crise económica, o cinismo político, o baleiro cultural e a desesperanza, simplemente ocorreu. Conectadas a través das redes sociais de Internet, as persoas empezaron a agruparse neses espazos de autonomía e, desde a seguridade do ciberespazo, pasaron a ocupar as rúas e a elaborar proxectos ligados ás súas verdadeiras preocupacións, por encima das ideoloxías e dos intereses dominantes, reclamando o seu dereito a facer historia. En todos os casos ignoraron aos partidos políticos, desconfiaron dos medios de comunicación, non recoñeceron ningún liderado e rexeitaron toda organización formal, debatendo colectivamente e tomando as súas decisións en asembleas locais e a través de Internet. Desde Tunisia e Islandia ata a revolución exipcia e o movemento Ocupar Wall Street, pasando polos indignados en España, Manuel Castells arroxa luz sobre eses movementos - a súa formación, a súa dinámica, os seus valores e as súas perspectivas de transformación social -, que chegaron a alcanzar a 82 países. Ao fío do seu esclarecedor e apaixonante análise, identifica as novas vías do cambio social que xurdiron neste século e expón hipóteses sobre as súas implicacións prácticas. Un libro, en definitiva, imprescindible para comprender - e cambiar - o noso mundo.

Vía Alianza Editorial