"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

20/1/13

A batalla pola economía mundial

Este documental é relevante para comprender os días que corren, a actual crise económica que ten ao planeta en conflito e para detectar que todo foi unha batalla ideolóxica moi ben elaborada.
Realizado o ano 2002, parte cun dos momentos decisivos do século XX: a controversia entre Hayek e Keynes por definir o modelo económico que debería guiar o desenvolvemento dos países occidentais trala crise dos anos 30 en Estados Unidos. Mostra tamén a reunión no Mont Pelerin de 1947 organizada por Hayek, que marca o nacemento do neoliberalismo.
O documental, describe a vitoria inicial das teses de Keynes e a consecuente marxinación de Hayek, o autor de Camino de servidumbre (1944). Posteriormente aborda a crise do keynesianismo nos anos 70 (pola crise do petróleo) e o triunfo de Hayek co seu Premio Nobel de Economía en 1974 e a chegada ao poder de Margaret Thatcher e Ronald Reagan, que abriron as portas ao modelo económico neoliberal.
A isto feito sumouse o Premio Nobel a Friedman en 1976, e a aceptación do modelo económico no Chile de Pinochet. En definitiva, enmarca a globalización económica nun proceso histórico e trata as súas causas e consecuencias -positivas e negativas- coas palabras de Clinton, Friedman, Sachs e Thatcher. É un documento que abarca gran parte do século XX e que merece verse completo. Son seis capítulos de 55 minutos cada un: