"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

29/1/13

¡ACABAD YA CON ESTA CRISIS! - Paul Krugman


Paul Krugman, Premio Nobel de Economía en 2008, escribiu un libro realmente extraordinario no que as causas da actual crise económica, os motivos que conducen a que sigamos sufrindo hoxe as súas consecuencias e a forma de saír dela, recuperando os postos de traballo e os dereitos sociais ameazados polos recortes, explícanse cunha claridade e sinxeleza que calquera pode, e debería, entender.

"Nacións ricas en recursos, talento e coñecementos - os ingredientes necesarios para alcanzar a prosperidade e un nivel de vida decente para todos - atópanse nun estado de intenso sufrimento". Como chegamos a esta situación? E, sobre todo, como podemos saír dela? Krugman expón estas cuestións coa súa habitual lucidez e ofrécenos a evidencia de que unha pronta recuperación é posible, se os nosos dirixentes teñen a claridade intelectual e a vontade política de acabar xa con esta crise.

No hay comentarios: