"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

16/1/13

Overdose (Sobredose)

Overdose (Sobredose) é un interesante documental de 46 minutos dirixido polo director sueco Martin Borgs baseado no libro Financial Fiasco de Johan Norberg.

Overdose describe e analiza a historia da maior crise económica da nosa época: a que aínda está por vir. Cando estalou a crise financeira global, a solución aplicada foi baixar as taxas de interese e inxectar miles de millóns de dólares sen respaldo a un sistema bancario enfermo. Esa solución o único que xerou é un problema maior, e por iso a próxima crise será peor aínda.

O documental retoma a crise financeira global onde termina Inside Job. Ten un estilo mestura de Españistán e Inside Job. Si miramos atrás primeiro estivo a burbulla das puntocom e para saír da recesión que vivía Estados Unidos no momento do 11S, os gobernos crearon a burbulla inmobiliaria si, pero, saben en cal estamos agora? "The bubble of all bubbles" que di Gerald Celente (Trends Research Institute): a burbulla dos rescates, do diñeiro falso inxectado para manter o sistema. Sobredose: a próxima crise financeira empeza contando como George W. Bush creou as empresas Fannie Mae e Freddie Mac para prestar diñeiro á xente para lograr the American Dream: unha vivenda! Axencias de cualificación que soben as notas aos grandes bancos para que sigan o exemplo de Fannie e Freddie e presten diñeiro. Non lles soa isto familiar ás noticias sobre Portugal, Grecia e España? Unhas axencias de cualificación que están pagadas polos prestamistas, os bancos, advirte o documental.