"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

27/2/13

Vaise Hessel. É o noso turno


Artigo de Rosa María Artal publicado hoxe en eldiario.es

Acaba de morrer Sthèpane Hessel. Tiña 95 anos. O seu libro Indignádevos! ( 2011), 19 páxinas, tamaño apenas de cuartilla, editado en Francia nunha pequena editorial e vendido a 3 euros, foi unha sacudida que impregnou a medio mundo e callou particularmente en España. Un ataque frontal ao neoliberalismo e as súas políticas degradadoras, un chamamento á mocidade para que tomase as rendas. Era un panfleto, o renacer do xénero e apareceu en España con prólogo de José Luís Sampedro vendendo varios centos de miles de exemplares. Tiñan a mesma idade, uns meses menor Hessel que non chegou a cumprir os 96 en outubro.

Sen apearse nin da vida nin da súa constante loita, ambos homes arrostraron os achaques lóxicos da avanzada vellez para dar unha lección de empuxe e coherencia. Eran moi distintos. Hessel criouse entre a intelectualidade -fillo dunha pintora, muller singular e inconformista, e de Jules, xudeu alemán tradutor de Proust-, na familia que deu orixe á película Jules et Jim de François Truffaut. Debido á súa orixe xudea o mozo Sthèpane foi detido e recluído nos campos de concentración de Buchenwald e Doura-Mittelbaus, onde foi torturado. Lonxe de saír vencido, seguiu a súa loita e en 1948 sería un dos redactores da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o anhelo dun mundo mellor. Sampedro, á vez, aspiraba na súa nenez outras culturas en Tánger, para comezar a traballar aos 16 anos xa en España, tras gañar unha oposición a funcionario de aduanas, e escribir libros que agardarían ata máis de catro décadas en ser publicados. Case un século ambos de traxectoria plena e insobornable compromiso. A preocupación por a deriva da sociedade actual uniunos.

Xuntos estiveron nun acto en España, organizado pola embaixada francesa. Longas colas, sobre todo de compatriotas de Hessel nun día de choiva. Venerábano. Estaba por riba de todos. Non había outro en Francia como el, dicían. "Non, en España non sentides o mesmo por ninguén", comentaron.

Hessel regalounos un pequeno prólogo tamén para Reacciona (2011), o libro que en España seguiu a súa senda e que apareceu case simultáneamente a Indignádevos!. España atopábase moito peor, cobrabamos -sen ir máis lonxe - a metade do soldo dos nosos veciños franceses. Naquel texto que coordinei, participaron José Luís Sampedro, Maior Zaragoza, Baltasar Garzón, Ignacio Escolar, Àngels Martínez Castells, Juan Torres ou Javier Pérez de Albéniz, entre outros. Tamén foi moi influínte. Hessel abría a porta á convocatoria a facer algo ante o que nos sucedía:

"Fronte aos perigos que enfrontan as nosas sociedades interdependientes, é tempo de acción, de participación, de non resignarse. É tempo de democracia xenuína. Tempo de mobilizarse, de ser actores e non só espectadores impasibles, progresivamente uniformizados, gregarizados, obedientes".

Apenas pasaron dous anos daqueles días e parece unha eternidade. Moi pouco despois arrincaría -e non por casualidade- o 15M como unha eclosión de cidadanía, enchendo as prazas de España, enarbolando a indignación de Hessel. Logo chegou o cambio político en España, cara a máis neoliberalismo. Logo chegou... moita máis inxustiza, moita máis desesperación, indignación... dosificada. Dicía Hessel que "a dificultade agudiza o enxeño".

Precisamos moito do que agora se vai co gran home francoalemán e universal. Sobre todo, o compromiso do que el nunca dimitiu. É necesario tomar a substitución. Non son tempos de desperdiciar a enerxía nin os terreos gañados que se están indo por un sumidoiro. O final de Indignádevos! cobra hoxe todo o seu significado: "Unha verdadeira insurrección pacífica contra os medios de comuniciación de masas que non propoñen outro horizonte para a nosa mocidade que o do consumo de masas, o desprezo cara aos máis débiles e cara á cultura, a amnesia xeneralizada e a competición sen concesións de todos contra todos". Chamando "aos que farán o Século XXI" á acción porque "Crear é resistir, resistir é crear". El descansa xa, é o noso turno.

Libros e obras de S. Hessel, biografía e bibliografía

No hay comentarios: