"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

10/3/13

No pienses en un elefante. Lenguaje y debate político - George Lakoff

Esta obra supón un manual imprescindible sobre linguaxe política, xa que pode ser de utilidade a calquera forza política, así como a calquera persoa cunhas nocións mínimas sobre política en todo o mundo.
Coa súa teoría do enmarcado, exemplificada brillantemente en numerosos casos como o do partial birth abortion ou o da Lei de ceos limpos, Lakoff consegue non só establecer o camiño a seguir polos demócratas americanos na súa loita polo poder, senón que tamén achega ao votante da rúa a realidade do funcionamento do cerebro humano á hora de elixir entre un ou outro candidato, e de como utilizan os políticos a comunicación para conseguir levarse á xente ao seu terreo. Ésto, unido á sinxela linguaxe que utiliza e que o converte nun libro de moi fácil comprensión, dálle á obra un carácter pedagóxico e universal.

George Lakoff, nado en 1941, é profesor de Lingüística na Universidade de California, Berkeley e membro fundador do Rockridge Institute.
É un dos lingüistas mundialmente máis recoñecidos, especialista en Lingüística Cognitiva e no estudo científico da natureza do pensamento e da súa expresión na linguaxe.
Desde mediados da década de 1980 aplicou a lingüística cognitiva ao estudo da política e, en especial, ao enmarcado do debate político público.
Ademais do seu traballo sobre pensamento e linguaxe políticos, desenvolve unha gran actividade académica. Pronunciou innumerables conferencias en múltiples e importantes universidades en ducias de países en todo o mundo.
Entre 1995 e 2001 formou parte da Xunta científica do Instituto de Santa Fe, presidiu a Asociación Internacional de Lingüística Cognitiva e o Patronato Rector da Sociedade de Ciencia Cognitiva, e codirige xunto a Jerome Feldman o Proxecto sobre Teoría Neuronal da Linguaxe do Instituto Internacional de Ciencia da Computación en Berkeley.
Foi un dos fundadores da Semántica xenerativa en lingüística na década dos 60, fundador da Lingüística cognoscitiva nos anos 70, e un dos investigadores da Teoría neural da linguaxe nos 80.
Nos últimos anos aplicou as súas investigacións á política, fundando o Rockridge Institute, un think thank de carácter progresista.

Podes descargar o libro aquí >>

No hay comentarios: